Queres asistir?

Durante os días 11 e 12 de febreiro celebraremos a nosa asemblea presencial no Palacio de Vistalegre (Madrid). Alí volveremos a vivir o momento máis emocionante: cando todos os inscritos e todas as inscritas participaremos nun transcendental proceso democrático do que Podemos sairá fortalecido para facer fronte ao plan restaurador das elites do noso país (defendido no Parlamento pola «Tripla Alianza», PP-PSOE-C’s).

Xuntos e xuntas faremos deste proceso un exemplo máis de democracia e de transparencia!

Xuntos e xuntas contribuiremos a mellorar Podemos, e con iso, a construír un país máis digno, xusto e solidario!

Programa da asemblea presencial no Palacio de Vistalegre

Entradas

Xa podes conseguir a túa entrada!
É gratuíta pero, se queres, podes facer unha achega económica que destinaremos a sufragar gastos da asemblea.
Lembra que debes imprimir unha entrada para cada día e levala contigo durante a asemblea. E non esquezas que tamén hai entradas para persoas con diversidade funcional con acompañante.
Adquire a túa entrada (ENTRADAS ESGOTADAS)

Autobuses cara Madrid

Se queres acudir a Vistalegre dunha forma máis económica, ecolóxica e divertida, ponte contacto con Podemos na túa comunidade autónoma e recibirás toda a información acerca dos autobuses que se están a organizar para ir a Madrid a fin de semana do 11 e 12 de febreiro.
Transporte Autobuses Vistalegre II

Compartir casa, compartir coche

En Podemos temos un firme compromiso co aforro enerxético e con facilitar a participación de todas as persoas. Para iso, pomos a vosa disposición a aplicación «compartir casa, compartir coche» de Podemos.
Que tes que facer?

Aloxamento

Se buscas aloxamento o tes un oco libre na túa casa de Madrid, emprega os seguintes formularios:
Necesito aloxamentoOfrezo aloxamento

Transporte

Se buscas medio de transporte ou tes un oco no teu coche para viaxar dende calquera punto de España, utiliza os seguintes formularios:
Necesito medio de transporteOfrezo medio de transporte

Como chegar

Enderezo

Rúa Utebo 1
28025 Madrid

Transporte público

Metro: Vista Alegre (liña 5)
Autobús: liñas 34, 35, 108 e 118
Informe da accesibilidade das liñas de autobuses que chegan a Vistalegre

Anímate a vires e sigamos facendo historia! Podemos!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies