Ampliado o prazo de presentación das Achegas ao Debate

  • AMPLÍASE O PERÍODO DE PRESENTACIÓN
  • PODERÁN INCORPORARSE NAS PROPOSTAS FINAIS DAS DIFERENTES CANDIDATURAS
  • PUBLICÁRANSE NA PRAZA PODEMOS, ONDE SERÁN VALORADAS
  • AS CINCO MELLOR VALORADAS PRESENTÁRANSE EN VISTALEGRE

Tendo en conta que as Achegas ao Debate resumen posicións políticas que en principio non están contempladas nos documentos políticos, organizativos, éticos e de igualdade, e considerando que o seu obxectivo é fomentar a participación das persoas inscritas en Podemos, e que ditas achegas sexan amplamente difundidas, coñecidas e compartidas, o Equipo Técnico da Asemblea Cidadá adoptou as seguintes decisións:

      1. Ampliar o período de presentación das Achegas ao Debate dende hoxe, 24 de xaneiro, ata o día 1 de febreiro ás 23:59 horas. Recordemos que as Achegas ao Debate deberán estar avaladas polo menos por un Círculo, unha organización da sociedade civil ou por algunha persoa experta e recoñecida na materia.

      2. As Achegas ao Debate publicáranse na Praza Podemos para que sexan valoradas durante o período de votación de documentos e de candidaturas.

      3. As cinco Achegas ao Debate mellor valoradas defendéranse na asemblea presencial que se celebrará no Palacio de Vistalegre (Madrid), e aínda que non terán carácter vinculante, formarán parte da liña política de Podemos en tanto en canto:

      a) Poderá darse a posibilidade de que xa estean incorporadas, total ou parcialmente, nos documentos máis votados.

      b) O novo Consello Cidadán Estatal garantirá o seu debate e discusión en dito órgano.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies