II Asemblea Cidadá de Podemos

Estamos de asemblea… participa! Os días 11 e 12 de febreiro do 2017 concluirá o proceso de debate e votación de documentos, candidaturas e achegas que acabamos de iniciar.

Tras un longo ciclo electoral de convocatorias de ámbito estatal, autonómico, foral e municipal, Podemos conseguiu consolidar unha gran audiencia na sociedade, multiplicou o número de persoas inscritas, recibiu un importante apoio electoral, estableceuse como forza alternativa ao PP e ten un peso político determinante no panorama actual.

Pero, tal e como dixemos tras o excelente resultado das eleccións europeas, o anterior non abonda. Porque Podemos naceu como ferramenta para impulsar o CAMBIO con maiúsculas. Por iso, o principal obxectivo da nosa II Asemblea Cidadá é adecuar á nova situación a nosa orientación política e o noso modelo organizativo, para defender mellor os intereses da maioría social, avanzar cara a igualdade, dar un canle á participación activa da xente nos asuntos públicos, acabar coas políticas de austeridade, lograr a democratización política, desaloxar ao PP da Moncloa e construír unha alternativa de goberno ao servizo do noso pobo.

Nesta páxina web atoparedes a información útil, as indicacións e os documentos necesarios para poder facelo. Agardamos que sexa útil e, sobre todo, vos convidamos a participar activamente neste crucial proceso de deliberación, toma de decisións e futuro!

Programa da asemblea presencial no Palacio de Vistalegre

Equipo Técnico

Lorena CabrerizoLorena Cabrerizo
Lorena Cabrerizo Sanz (Madrid, 1975) é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense. Traballa no ámbito da consultoría e a avaliación de proxectos e programas de cooperación internacional para o desenvolvemento e a intervención social. É responsable da Área de Movementos Sociais e Acción Sindical no Consello Cidadán de Podemos Comunidade de Madrid.
Pedro De PalacioPedro De Palacio
Pedro De Palacio Maguregui (Bilbao, 1985) é licenciado en Historia e membro da Área de Participación de Podemos.
Juanma Del OlmoJuanma Del Olmo
Juanma Del Olmo Ibáñez (Soria, 1982) é consultor TIC e Secretario Xeral adxunto do Grupo Parlamentario de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea no Congreso dos Deputados.
Ana DomínguezAna Domínguez
Ana Domínguez Rama (Plasencia, 1980) é DEA en Historia Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Edición polo Universidade Autónoma de Barcelona. É editora, correctora profesional e responsable da Área de Edición e Traducións no Consello Cidadán Estatal de Podemos.
Pablo EcheniquePablo Echenique
Pablo Echenique Robba (Rosario, Arxentina, 1978) é doutor en Ciencias Físicas pola Universidade de Zaragoza e Científico Titular do CSIC en excedencia temporal. É o Presidente do Grupo Parlamentario de Podemos en Aragón, Secretario Xeral de Podemos Aragón e Secretario de Organización Estatal. No seu perfil de Twitter describe o seu traballo cunha frase de Italo Calvino : «Buscando e intentando recoñecer quen e que, en medio do inferno, non é inferno. Para facelo durar, e darlle espazo».
Manolo GaríManolo Garí
Manuel Garí Ramos (Manuel, Valencia, 1947) é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid e especialista en modelos produtivos sostibles. É cofundador do Círculo Economía, Ecoloxía e Enerxía (3E) e membro da Área de Economía de Podemos.
Fabiola MecoFabiola Meco
Fabiola Meco Tébar (Albacete, 1971) é doutora en Dereito e avogada especializada en familia. É deputada por Valencia nas Corts Valencianes e responsable da Secretaría de Relacións coa Sociedade Civil e Movementos Sociais no Consello Cidadán de Podem Comunitat Valenciana.
Sergio PascualSergio Pascual
Sergio Pascual Peña (Sevilla, 1977) é enxeñeiro de Telecomunicacións e licenciado en Antropoloxía Social. É funcionario do Corpo Superior Facultativo de Enxeñeiros da Junta de Andalucía, foi delegado do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT) e Presidente da Comisión de Fomento do Congreso de Deputados.
Clara SerraClara Serra
Clara Serra Sánchez (Madrid 1982) é licenciada en Filosofía. máster en Estudos Avanzados de Filosofía e máster en Estudos Interdisplinares de Xénero. É profesora de Filosofía en Educación Secundaria e Bacharelato, e colaboradora honorífica na Universidade Complutense. É responsable da Área de Igualdade, Feminismos e Sexualidades no Consello Cidadán Estatal de Podemos e deputada na Asemblea de Madrid.
Idoia VillanuevaIdoia Villanueva
Idoia Villanueva Ruiz (Pamplona, 1980) e enxeñeira informática pola Universidade do País Vasco e máster en Xestión e Administración de Innovación pola Universidade Autónoma de Madrid. Está especializada e é activista no ámbito das relacións internacionais e da infancia. É senadora por Navarra e Secretaria Xeral do Grupo Parlamentario de Unidos-Podemos- En Comú Podem- En Marea no Senado.

Sistema de votación

Debatemos moito acerca de cal é o mellor sistema de votación e, ao final, as inscritas e os inscritos decidimos, entre as distintas propostas presentadas, a que queríamos para a Asemblea. A que tivo máis apoio foi DesBorda, ideada por Pablo Echenique.

DesBorda (Sistema Echenique)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies